

28·08·21 canteira de vilafría – o porriño
PONGO – BOYANKA KOSTOVA – VERTO – MOUNQUP (MQAVD)– TERESA FERREIRO- OS PENEDIÑOS DE ATIOS
A modernidade da música galega entra nunha canteira en restauración no Porriño
Sons da Canteira é un festival de música galega organizado polo Concello do Porriño que se celebra o 28 de agosto na canteira en proceso de restauración de Vilafría. Arrinca a súa segunda edición cun cartaz de catro artistas galegos/as e unha artista internacional da música e da videocreación nunha contorna de grande valor, coa motivación da recuperación do territorio.
Actúan PONGO (único concerto do verán en España), BOYANKA KOSTOVA, VERTO, MOUNQUP (estrea do espectáculo MQAVS), a DJ/VJ TERESA FERREIRO e o OS PENEDIÑOS DE ATIOS. Todos eles proxectos moi persoais que achegan dalgún xeito a tradición galega e internacional á vangarda e á electrónica.
A muralla de pedra serve de singular escenario e sobre ela empregarase videomapping para que os grupos emitan as súas proxeccións.
O entorno
Na actualidade, Galicia conta tamén con dúas das rehabilitacións mineiras máis importantes de Europa polo seu volume, impacto social e transcendencia ambiental retornando antigas minas e canteiras á sociedade e ao medio ambiente. Despois de contar cunha das canteiras máis importantes do mundo, Porriño está a levar a cabo a restauración dunha das súas canteiras: a de Vilafría en Atios. E ademais, decidiron tamén enchela de música e visuais para ocupar de novo e dotar de cultura espazos que outrora tiñan outro uso. A música, as proxeccións e as montaxes escénicas faranse nesta ocasión máis visibles en novos escenarios e o escollido é esta Canteira de Vilafría, tan representativa da identidade do pobo da zona na que se celebra.
Xa nos segues?
A través das nosas redes poderás estar informado de toda a actualidade do festi.Protocolo COVID-19
O Sons da Canteira establece estritos protocolos de distanciamento social e de seguridade para un aforo de 600 persoas. Os e as asistentes poden xantar mentres gozan do espectáculo facendo o pedido por aplicación móbil das food trucks presentes no evento, que servirán nas cadeiras, cara a evitar aglomeracións. O festival conta con persoal adicado en exclusiva á limpeza e á xestión de residuos, ademais dun plan de sustentabilidade.