Chegada ao Festival:
A organización habilitará un servizo de autobuses gratuítos dende O Porriño para poder acceder á entrada do recinto, que estará situado na Canteira de Vilafría. É imprescindible que utilices este servizo de autobús e deixes o coche no Porriño, nalgún dos aparcadoiros que indicamos a continuación:
- Zona de aparcamento 1 Como chegar →
- Zona de aparcamento 2 Como chegar →
- Zona de aparcamento 3 (1,20€/hora e 15€/24 horas) Como chegar →
Os autobuses sairán dende a Avd. Galicia do Porriño nos seguintes horarios. Prégase acudir con 15 minutos de antelación como mínimo. A hora de adquirir a vosa entrada podedes tamén seleccionar o autobús nalgún dos horarios seguintes, segundo orde de compra:
- 3 autobuses para 55 personas cada bus con saída ás 17:00 e chegada ás 17:15
- 3 autobuses para 55 personas cada bus con saída ás 17:30 e chegada ás 17:45
- 3 autobuses para 55 personas cada bus con saída ás 18:00 e chegada ás 18:15
Ao remate do evento os autobuses levarán a todas as persoas asistentes de volta ao punto de recollida. Todos os autobuses sairán á mesma hora (01:45) despois de desaloxar aos asistentes iniciando polas últimas filas e rematando polas primeiras