Condicións xerais de compra

Entrada

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento a SONS DA CANTEIRA comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse este de un servizo prestado polas canles de venda no momento da compravenda da entrada. Non se devolverá o importe das entradas se a cancelación se produciuse unha vez comezado o evento.

As entradas só poderán ser adquiridas a través de www.sonsdacanteira.gal .

Toda entrada duplicada, danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará a SONS DA CANTEIRA para impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada.

Admisión

Para entrar ao recinto deberás mostrar a túa entrada que será escaneada para a súa verificación. Deberás identificarte con DNI no caso de que a organización o solicite. A organización de SONS DA CANTEIRA resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente.

As persoas que vaian acceder ao recinto de concertos polos accesos sinalados pola Organización, poderán ser rexistradas. Para evitar riscos para as persoas asistentes e para a seguridade alimentaria, establécense as seguintes normas sobre introdución de obxectos, de comidas e de bebidas no festival:

  • Non se permitirá, en ningún caso, a introdución de ningunha clase de arma ou de obxecto que poida ser considerado como potencialmente perigoso para o resto dos/as asistentes ou para os/as artistas.
  • Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada. Non se permitirá o acceso ao recinto de bebidas que veñan en envases de cristal, metal, cerámica, louza, plástico duro ou calquera outro material que poida ser usado como obxecto contundente ou cortante.
  • Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con comida para consumo individual, envolvida en tea, filme, papel de aluminio ou similares. Non se permitirá o acceso ao recinto de comidas que veñan en envases distintos dos envoltorios indicados.

Menores de idade

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a SONS DA CANTEIRA establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:

  • Polas características do terreo e as posibles dificultades que a orografía pode presentar no acceso ao recinto non é recomendable a asistencia de menores de 6 anos ao evento.
  • Todo menor de 16 anos de idade que vaia a acceder debe ir acompañado dun proxenitor ou titor/a.
  • Ao acceder ao recinto de concertos os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do documento facilitado previamente pola organización.. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá achegar a maiores unha autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do/a menor.
  • Os/As menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dun adulto pero deben presentar igualmente, antes de acceder ao recinto, o modelo de ficha de acceso de menores cuberto.

    [Descargar a Autorización Menores →]

     

Condicións relativas á prevención de contaxios por COVID-19

As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por Covid-19, e poden sofrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento de adquisición da entrada

Back to top