FAQs

Tanto as entradas grupais como as individuais contarán con mesa.
Se tes unha entrada individual pero queres sentar co teu grupo de amigos e están noutra mesa, fáinolo saber 72 horas antes do inicio do evento para poder facer o cambio escribindo a [email protected]. Tamén se tes dúas entradas individuais e queres agrupalas. Unha vez chegado o día do festival xa non será posible. Lembra que o máximo de número de persoas agrupadas poderá ser de 6.

Poderás achegarte soamente ata a zona da estrada que está cortada ao público, non ata a entrada do recinto. Dende aí despois deberás de camiñar sobre uns 30 ou 35 minutos.

Consulta aquí as nosas recomendacións de acceso.

No caso de que teñas algún condicionante para a túa movilidade física, non dubides en comunicárnolo para poder poñer os medios necesarios e que poidas acceder ao recinto dos concertos. Non queremos que nada limite a túa asistencia ao festival 🙂

Si, escribe coa túa solicitude a [email protected] antes do venres 27 ás 15h00. En caso de urxencia tamén poderemos facer o cambio no recinto o mesmo día do festival.

Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos soamente con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada. Sobre a comida, poderás traela para consumo individual, envolvida en tea, filme, papel de aluminio ou similares. Non se permitirá o acceso ao recinto de comidas que veñan en envases distintos dos envoltorios indicados.

Claro! O evento disporá de barra e foodtrucks. Tanto se estás sentado en mesa como en cadeira individual terás un sistema de servizo a mesa para que non teñas que levantarte da túa cadeira á hora de recoller a túa comida e bebida. Só en caso necesario, deberás achegarte a pola túa propia comida e bebida e volver ao teu asento.

Non, non se aceptará o pago con diñeiro en metálico. En todo o evento se utilizará a tecnoloxía cashless payment, previa recarga da pulseira que dá acceso ao festival. Podes precargala xa a través da web do festival abrindo a pestana de compra de entradas ou no recinto o día dos concertos.

Poderedes solicitalo dende o día 30  de agosto ás 23:59 h. ata o día 6 de setembro á mesma hora neste enlace.

Si, pero lembra que polas características do terreo e as posibles dificultades que a orografía pode presentar no acceso ao recinto non é recomendable a asistencia de menores de 6 anos. Lembra que en calquera caso, todos os menores deberán de asistir co modelo de ficha de acceso de menores que facilita a organización cuberto.

[Descargar a Autorización Menores →]

Back to top