

SUSTENTABILIDADE
INTRODUCIÓN
A segunda edición do Festival Sons da Canteira volver ter lugar na Canteira de Vilafría, unha canteira de granito ubicada no Concello de O Porriño e que a día de hoxe atópase nun proceso de rehabilitación ambiental. Trátase dunha localización atípica pero que resulta dun gran atractivo á vez que permite poñer en valor a riqueza do patrimonio industrial do entorno, as canteiras, motor de desenvolvemento económico da comarca de O Porriño, responsables da contorna da sua paisaxe e que fai destes enclaves un destino potencial para o seu uso xeoturístico.
Un destino que ten como protagonista ao granito, un recurso natural con altos valores de durabilidade, reutilización e reciclabilidade, entre outras características, que fan del un dos materiais máis sustentables, como sustentable quere ser o noso evento. Por iso suscribimos unha política de sustentabilidade e elaboramos un plan de acción que aplicaremos en todas as etapas do evento dende o deseño ata a desmontaxe e peche.
POLÍTICA DE SUSTENTABILIDADE
O festival Sons da Canteira quere contribuir, dende a acción local, a acadar os obxectivos marcados pola Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable. Como parte do noso compromiso coa sustentabilidade, os nosos eventos deben garantir:
A nivel social:
- A igualdade de xénero (ODS 5)
- O emprego dunha comunicación inclusiva e non discriminatoria (ODS 5)
- A adopción de medidas que garantan a accesibilidade (a nivel físico, comunicación, social e laboral) (ODS 10)
- A adopción de medidas de seguridade, saúde, hixiene e benestar (ODS 3)
A nivel medioambiental:
- Minimizar o consumo enerxético e, sempre que sexa posible, abastecerse de fontes renovables ou menos contaminantes. (ODS 7)
- Minimizar o consumo de auga e garantir o acceso gratuíto á auga potable (ODS 6)
- A promoción do transporte público compartido e fomentar a idea de multimodalidade (ODS 13)
- A implantación de criterios de economía circular: reducir, reutilizar e reciclar, e dispor dun sistema axeitado de recollida e xestión dos residuos (ODS 12)
A nivel económico:
- A medición de indicadores (ODS 8)
- O apoio á contorna artistica local (ODS 11)
- A colaboración con empresas locais (ODS 11)
- A identificación dos grupos de interese (ODS 17)
CANTEIRA
Para cumprir co noso compromiso deseñamos unha estratexia de sustentabilidade á que denominanos CANTEIRA, nun guiño tanto ao nome do festival como ao granito, neste caso representado por un bloque que simboliza o equilibrio entre recursos da natureza, desenvolvemento económico e tradición.
CONCEPTO
(1) CANTEIRA está composta de oito letras, onde cada unha das letras representa unha das liñas sobre as que imos a traballar para cumprir coa política de sustentabilidade que suscribimos.

(2) Oito son tamén os vértices dun bloque de granito que podería simbolizar o equilibrio entre recursos da natureza, desenvolvemento económico e tradición.


- Contratación de grupos locais para actuar no evento
- Colaboración con entidades locais
- colaboración na difusión e comunicación das medidas adoptadas en materia de sustentabilidade

- Identificación dos consumos de auga no recinto e os requisitos de potabilidad
- Medición dos consumos de auga
- Emprego de agua da canteira para regar o recinto

- Establecimiento de indicadores
- Medición dos indicadores
- Cálculo da pegada de carbono

- Posta en valor do territorio a través do deseño de actividades paralelas
- Difusión de actividades e rutas turísticas do Concello durante a semana no festival
- Sensibilización sobre o respecto ao territorio.

- Emprego de xeneradores máis eficientes
- Organización dos desprazamentos do staff
- Búsqueda de fontes de enerxía menos contaminantes

- Identificación dos grupos de interese
- Comunicación inclusiva
- Cartel con presenza femenina mayoritaria
- Oferta gastronómica variada, saludable e de proximidade

- Eliminación de plásticos dun so uso nos postos de restauración
- Traballo cos proveores para disminuir a xeración de residuos de embalaxes
- Recollida selectiva e contacto cos xestores para a sua recollida
- Comunicación sobre o tipo de residuos e onda desbotalos

- Recopilación de información sobre as necesidades dos asistentes
- Comunicar que o festival poda adoptar solucións para facer o festival accesible a persoas con discapacidades