Recomendacións para o público

Debes absterte de acudir ao festival se estás contaxiado/a ou con sintomatoloxía compatible coa Covid-19 (salvo, neste último caso, diagnóstico doutra enfermidade non infecciosa).

Sigue as redes sociais do festival (Facebook e Instagram) para estar ao tanto de todas as novidades e acceder á información do festival actualizada.

1. Chegada ao Festival

A organización habilitará un servizo de autobuses gratuítos dende O Porriño para poder acceder á entrada do recinto, que estará situado na Canteira de Vilafría. É imprescindible que utilices este servizo de autobús e deixes o coche no Porriño, nalgún dos aparcadoiros que indicamos a continuación:

Os autobuses sairán dende a Avd. Galicia do Porriño nos seguintes horarios. Prégase acudir con 15 minutos de antelación como mínimo. A hora de adquirir a vosa entrada podedes tamén seleccionar o autobús nalgún dos horarios seguintes, segundo orde de compra:

  • 3 autobuses para 55 personas cada bus con saída ás 17:00 e chegada ás 17:15
  • 3 autobuses para 55 personas cada bus con saída ás 17:30 e chegada ás 17:45
  • 3 autobuses para 55 personas cada bus con saída ás 18:00 e chegada ás 18:15

Ao remate do evento os autobuses levarán a todas as persoas asistentes de volta ao punto de recollida. Todos os autobuses sairán á mesma hora (01:45) despois de desaloxar aos asistentes iniciando polas últimas filas e rematando polas primeiras

2. Accesos

A organización controlará que se cumpra a debida de distancia social durante a espera de acceso. Os grupos de familias/amigos que asistan xuntos poden permanecer en grupo durante a espera.

Ten a túa entrada preparada cando vaias acceder o recinto. Non a imprimas, recomendámosche que a amoses no teu teléfono móbil.

Non haberá despacho de billetes no recinto de concertos, as entradas -de non esgotarse con antelación-seguirán á venda online na web www.sonsdacanteira.gal até o comezo do evento.

En caso de ser ou acudir con menores de idade, debes traer cuberta a autorización de acceso dispoñible na nosa web de venda de entradas.

[Descargar a Autorización Menores →]

Non está permitido fumar na cola

3. Durante o evento

É obrigatorio o uso de máscara, salvo excepcións legais.

Debes respectar a distancia de seguridade interpersoal, salvo excepcións.

Tanto as entradas grupais como as individuais contarán con mesa.

Se tes unha entrada individual pero queres sentar co teu grupo de amigos e están en mesa, fáinolo saber 72 horas antes do inicio do evento para poder facer o cambio escribindo a [email protected]. Tamén se tes dúas entradas individuais e queres agrupalas. Unha vez chegado o día do festival xa non será posible. Lembra que o máximo de número de persoas agrupadas poderá ser de 6.

En todos os casos as mesas e cadeiras serán ocupadas por orde de chegada de forma que se permitan os fluxos sen retencións nin aglomeracións e evitando o maior número posible de cruces entre persoas, especialmente cara a cara. Unha vez ocupado un espazo non se poderá cambiar de asento nin cambialo de localización

Está prohibido fumar nas cadeiras, se queres facelo podes levantarte e seguir as indicacións da organización para fumar nas zonas habilitadas.

Cumpre as medidas de hixiene, organización e prevención obrigatorias.

Botarase do recinto ás persoas que manifesta e reiteradamente non cumpran as obrigas establecidas ou teñan un comportamento susceptible de poder contaxiar a outras persoas.

Ao finalizar o evento, desaloxarase o recinto con calma, de maneira ordenada e graduada. Para garantir a seguridade e as medidas de distanciamento social, sairase por zonas, polo que vos pregamos que non vos movades da vosa zona asignada ata que volo indique o persoal de organización e que sigades as súas indicacións en todo momento

4. Na barra

O evento disporá de barra e foodtrucks.

Tanto se estás sentado en mesa como en cadeira individual terás un sistema de servizo a mesa para que non teñas que levantarte da túa cadeira a hora de acadar a túa comida e bebida, só en caso necesario, deberás achegarte a pola túa propia comida e bebida e volver ao teu asento.

Non se aceptará o pago con diñeiro en metálico. En todo o evento se utilizará a tecnoloxía cashless payment, previa recarga da pulseira que dá acceso ao festival.

5. Nos aseos

Estableceranse filas únicas e de acceso ao servizo de tal modo que se vaia ocupando o posto ou unidade que quede libre, por orde.

Os aseos contarán con limpeza continuada por unha empresa con servizo certificado.

Pedímosche a túa colaboración e que utilices o xel hidroalcólico antes de acceder e ao saír dos aseos.

6. En caso de emerxencia

Segue as instrucións que che indiquen a organización e o persoal de seguridade.

En caso de evacuación, mantén a calma e sal ordenadamente sen empuxar

Back to top